- Novas
 - Axenda
 - Perfil de contratante
 - Convocatorias
 - Avisos e bandos
 - Ordenanzas
 - Melide en imaxes
 - Facturación electrónica
 - Pago provedores
 
Novas
  O Concello de Melide instala elementos de ocultación de colectores do lixo no Camiño de Santiago
  
  
  20/10/2022. Mediante estes traballos agocharonse dous contedores de orgánicos no Carballal e Parabispo. Adecuanse as infraestruturas de recollida do lixo á necesaria protección dun Ben de Interese Cultural. 
  
  
MELIDE 20 de outubro de 2022.- O Concello de Melide instalou elementos de ocultación nos colectores do lixo distribuídos dentro do Ben de Interese Cultural do Camiño de Santiago en varios núcleos do trazado. Con esta medida, o Concello pretende contribuír a embelecer a área e coidar da estética destes conxuntos poboacionais pouco alterados e de carácter rural. A importancia patrimonial, histórica, cultural e económica do Camiño de Santiago, sumadas á crecente vitalidade da Ruta Xacobea, fan perentorios estes traballos de adecuación.
Os labores realizados incluíron a ocultación dos colectores de residuos sólidos urbanos mediante estruturas de cobertura de aceiro e madeira. Actuouse, concretamente, no lugar do Carballal, na parroquia de Santa María, e no Parabispo, parroquia de O Barreiro. En ámbolos dous casos, os traballos agochan visualmente contedores de 800 litros de capacidade de cor verde, destinados a residuos orgánicos. O investimento foi de 12.565,67€ dos cales 9.424,25€ foron subvencionados pola Axencia de Turismo de Galicia dentro do programa de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.
       
 




