Novas

Máis novas

Un potente cartel devolve a Melide as Festas de San Roque

30/07/2022. M Clan e orquestras como a París de Noia e a Olympus conforman unha programación na que Melide recupera por fin as súas festas. Tamén haberá espazo para as actuacións de música tradicional. Os festexos estenderanse durante seis días, do 16 ao 21 de agosto.

MELIDE 29 de xullo de 2022.-  A Comisión de Festas do San Roque, o Concello de Melide e os representantes de Escala Espectáculos 5.9 e Unga Unga Music ,  fixeron público hoxe o cartel das Festas de San Roque 2022. Un evento que volve con forza logo das restricións de pasados anos, e faino apostando por un cartel potente que congregará a centos de persoas.

As festas arrincarán o martes 16 de agosto. Ese día actuará a escola melidá de baile e música tradicionais Herba Grileira xunto á Banda de Arca, a Coral Polifónica de Melide e a orquestra Olympus. Tamén terá lugar a actuación infantil A Casa do Terror.

O mércores 17 actuará a Banda de Antas de Ulla con Antonio Barros. Tamén soarán os ritmos alegres dos Festicultores Troupe Band e posteriormente La Misión. A actuación infantil correrá a cargo de Ikigai.

Xa o xoves 18 actuará A Maristela, a Banda de Merza, o espectáculo de máxia con Patri Zenner, a orquestra Los Satélites e Los Players. Ao día seguinte, venres 19, terá lugar a actuación infantil Carman. Posteriormente tocarán Leirabuxo, Cuarta Xusta e orquestra Marbella.

O sábado 20 actuarán Froito Novo, a Charanga Eravisto e a orquestra New York. Tamén ese día Melide vibrará cos ritmos rock and roll de M Clan.

O domingo 21 pechan as actuacións a Banda de Música de Visantoña e a afamada orquestra París de Noia. Ao día seguinte, o luns 22, celébrase o Día do Neno.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp