Concello de Melide

Patrimonio

Patrimonio » Igrexas

Igrexa de San Vicenzo de Vitiriz

Na aldea de Rocamador, atópase esta igrexa gótica de planta rectangular, cunha única nave e presbiterio, á que logo se engadiu outro espazo que fai as funcións de sancristía. Conta cun arco triunfal apuntado que apoia sobre pilastras percorridas cunha liña de impostas. Sobre este arco atópase un rosetón calado, realizado en pedra, que a principios de século estaba pintado e dourado no seu interior. No centro deste rosetón hai unha cruz, interrompida no centro por un pequeno óculo. No retablo, composto por un corpo e tres rúas, atópase unha imaxe de Nosa Señora de Rocamador, un nome que recorda ao famoso santuario francés de RocAmadour, polo Camiño de Santiago.

Lugar

Parroquia: Vitiriz (San Vicente)

Buscador de recursos


Recursos por parroquias


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion