Concello de Melide

Patrimonio

Patrimonio » Igrexas

Igrexa de San Martiño de Moldes

Os principais elementos de interese desta igrexa románica son os que forman o seu exterior. Está construída con muros de cachote nos laterais e de cantaría no principal. A súa porta principal está composta por tres columnas enxertadas nas xambas que dan lugar a unha triple arquivolta seguida por unha cinta de billetes. Nas súas dúas mochetas atópanse representacións de animais fantásticos, e sosteñen un tímpano decorado cun baixorrelevo que acubilla catro lóbulos cos que se delimita a figura dun home espido montado sobre un animal de catro patas. Segundo algúns autores, esa representación ben podería facer referencia a Sansón, pola semellanza coa que aparece en monumentos medievais franceses ou noutras igrexas.

Lugar

Parroquia: Moldes (San Martiño)

Buscador de recursos


Recursos por parroquias


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion