Concello de Melide

Patrimonio

Patrimonio » Igrexas

Igrexa de San Xoan de Golán

A igrexa románica de San Xoán de Golán consta dunha planta rectangular que inicialmente era nave e presbiterio, aínda que logo se lle engadiu un pequeno corpo ao muro setentrional, que fai a función de sancristía. Esa nave principal, de muros encalados, ten dúas portas que miran ao sur e ao poñente respectivamente. A primeira, románica, está reformada.

Os espazos pertencentes á nave e ao presbiterio están delimitados por un arco triunfal de medio punto dobrados, e dúas pequenas columnas sobre as que se apoia a arquivolta maior.

O arco triunfal é un dos elementos románicos máis singulares do edificio, e datan da segunda metade do século XII.

Lugar

Parroquia: Golán (San Xoán)

Buscador de recursos


Recursos por parroquias


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion