Concello de Melide

Patrimonio

Patrimonio » Igrexas

Capela de San Roque

A Capela de San Roque é un dos exemplos da pegada do románico en Melide.

Foi construída coas pedras procedentes de dúas igrexas que había en Melide: a parroquial de San Pedro -da que conserva intacta a súa portada románica-, e da Capela antiga de San Roque, sita onde hoxe está a Caixa de Aforros, e que se construíra polo ano 1722.

En lembranza a estas dúas igrexas que foran demolidas, pode lerse aínda hoxe, na actual Capela de San Roque, a seguinte inscrición:

"Como recuerdo de la antigua
Parroquial de S. Pedro y Capilla de S. Roque
construyó esta iglesia D. Venancio Porto Pena
siendo Obispo el Excmo. Sr. D.
Fernando Quiroga Palacios y
Cura Ecónomo D. Jesús Campello Pérez
Año de 1949"

Observacións

A carón da Capela de San Roque atópase o cruceiro máis antigo de Galiza, do século XIV.

Lugar

Parroquia: Melide (San Pedro)

Buscador de recursos


Recursos por parroquias


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion