Concello de Melide

Patrimonio

O patrimonio histórico de Melide é moito máis cá pegada do pasado sobre un territorio. Neste Concello, o patrimonio intégrano as pedras que viron pasar xeración tras xeración: pontes medievais, escudos da nobreza, casas grandes que manteñen agochado o segredo dun tempo que foi quedando atrás, e ata o cruceiro máis antigo de Galiza. Así o denominou Castelao no seu As pedras da Galizae hoxe ve pasar os peregrinos por diante da Capela de San Roque no seu camiño cara a Compostela, atravesando o centro da vila.

Mais o patrimonio de Melide é tamén o bo facer das súas xentes. Melide é terra de gaitas, aquí naceron e abríronse á música os mestres Garceiras. O son da gaita enchoupa aínda hoxe calquera tarde de sol en Melide; non en van, a primeira representación gráfica dunha gaita é o capitel do gaiteiro que hoxe se conserva no Museo de Pontevedra.

Ademais de terra de gaiteiros, Melide é tamén terra de oficios tradicionais, moitos dos cales permanecen aínda vivos no núcleo histórico da vila. Falamos dos zapateiros, cuxos talleres de coiro aínda se poden visitar na céntrica Praza do Convento; e falamos dos ferreiros, artesáns propios da terra de Melide que aínda hoxe quentan as súas forxas.

A través desta páxina web podes achegarte a coñecer as características do patrimonio de Melide, igrexas, pontes, cruceiros e outros elementos que fan de Melide un Concello con identidade propia. O traballo de descrición de cada un deles, algunhas das imaxes e os detalles que conforman cada unha destas fichas non tería sido posible sen as achegas de Xosé Manuel Broz Rei, director do Museo Terra de Melide, de Xosé Domingos Fuciños e do fotógrafo Manolo Castro.

Buscador de recursos


Recursos por categorías

Patrimonio

Arquitectura popular

Cruceiros

Igrexas

Pazos / Casas grandes

Recursos por parroquias


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion