Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide conta cun novo tractor para reforzo da limpeza das parcelas municipais

Melide atópase entre os concellos beneficiarios da axuda de Medio Rural para a adquisición deste tractor que axudará aos concellos na prevención contra os lumes
NovoTractorConcelloMelidep
25/11/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto con membros do seu equipo de goberno, recibiron onte un novo tractor para facer fronte á loita contra os lumes. Este novo vehículo permitirá mellorar a roza das fincas municipais e as faixas, previndo así futuros incendios na localidade.

O Concello de Melide adquire este novo tractor grazas a unha achega da Consellería de Medio Rural para axudar aos concellos nos seus labores coa prevención de incendios.

A adquisición deste tractor por parte do Concello de Melide axilizará as campañas de desbroce na vila e nas parroquias do rural “ofrecendo así aos concellos medios propios para poder loitar contra o lume a maiores das brigadas medioambientais”, puntualiza Dalia García. A rexedora melidense agradecía unha vez máis a colaboración da Consellería de Medio Rural co Concello de Melide para a prevención e defensa contra os incendios forestais”.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp