Novas

Máis novas do Concello de Melide

A maxia conciencia contra a violencia de xénero aos escolares de Melide

Os alumnos dos tres colexios de Melide participaron na xornada de hoxe dun espectáculo do mago melidense Dani Polo que levaba por nome “Maxia pola igualdade"
25NConcelloMelidep
24/11/2017. Rapaces e rapazas dos tres colexios públicos de Melide e os rapaces do Centro Ocupacional participaron hoxe nunha actividade conxunta organizada polo Concello de Melide dende o seu departamento de Igualdade e Benestar con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero.

O acto, que tivo lugar na Casa da Cultura de Melide, albergou o espectáculo de Dani Polo, “Maxia pola igualdade” co que se pretendeu concienciar a todos os asistentes sobre a necesidade de erradicar calquer tipo de violencia. Pola súa banda, os rapaces e rapazas subíronse ao escenario para interpretar diferentes lecturas que eles mesmo escribiron para narrar cómo sería o mundo sen violencia de xénero. Todos os asistentes tiveron un pequeno agasallo por asistir a este acto que consistiu nunha chapa conmemorativa na que di “Igualdade os 365 días do ano”.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, así como boa parte do seu equipo de goberno, asistiron a este acto que tivo lugar na mañá de hoxe, onde por parte a administración local se deu lectura dun manifesto onde se animou aos presentes a rechazar calquer tipo de violencia de xénero, tanto de homes como de mulleres e informouselles de que na actualidade o Concello de Melide conta cun Centro de Información á Muller, onde traballan profesionais aos que poden acudir se son vítimas directas ou indirectas deste tipo de violencia.

O acto rematou cun minuto de silencio en memoria das 45 mulleres asesinadas a mans das súas parellas no presente ano 2017.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp