Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide aprobará obras por un importe de 873.025,23 € dentro do Plan Provincial POS+2018 así como presenta un orzamento de 6.876.522,27 €

O Concello de Melide ven de presentar as contas anuais en comisión informativa para aprobar un orzamento que roza os 7 millóns de euros e nos que destacan as baixadas impositivas e varias obras de importancia municipal. Así mesmo, aproba por un valor de 873.025,23 euros investimentos entre os que destacan a rehumanización e posta en valor da primeira fase do Camiño Real así como a mellora de viais en aglomerado en quente en cinco parroquias do rural melidense, o que supón un investimento de 214.298,32 euros
ImagenGenericaNoticiaMelidep
18/12/2017. O pleno do Concello de Melide dará mañá luz verde aos investimentos propostos polo goberno local dentro do Plan de Obras e Servizos do ano 2018.

Por unha banda destaca a provisión para pagamento de ben de servizos correntes (principalmente limpeza viaria e alumeado público) dun total de 373.612,21 euros. A partida destinada á obras nesta anualidade do plan provincial supón un total de 366.562,92 euros que supoñerá a posta en valor e a rehumanización dunha das áreas de Melide rural-urbana e que entronca co Colexio de Educación Primaria Mestre Pastor Barral, o coñecido como Camiño Real, coloquialmente chamado Campo Grande.

Ademais, o Concello de Melide, logo de analizar o saneamento das contas por parte da Intervención Municipal non se acolle ao prestamo provincial que asigna ao Concello de Melide 331.316,49 euros, xa que non se recomenda polo servizo técnico contable da administración local para seguir en ratios de cumprimento de débeda e de estabilidade orzamentaria. En palabras da Alcaldesa de Melide, Dalia García, son obras moi demandadas pola veciñanza; a principal, a primeira fase do Camiño Real ten asignado un total de 366.562,92 euros, xa que este é un proxecto global de preto de un millón de euros supón a aposta clara deste goberno por rehumanizar unha área de Melide que se encontra entre as máis necesitadas de reurbanización e posta en valor polo seu crecemento ao longo do tempo; por outra banda, o asfaltado en aglomerado en quente da Ponte da Pedra, (Camiño Primitivo) así como doutros viais de acceso a cinco parroquias de Melide son necesidades comprobables ademais de marca de goberno municipal en consonancia coa promesa de levar a cada unha das parroquias melidenses unha vía de acceso en óptimas condicións e que sexa duradeira no tempo.

García conta con maioría suficiente para sacar adiante o POS+2018 aínda que apela ao consenso de maneira que sexa importante para Melide apoiar ao goberno por parte dos grupos da oposición, BNG e PSOE e proxectos prioritarios para o pobo sendo que neste tipo de acordos sempre se alcanzou a unanimidade.

Por outra banda, será un pleno no que o goberno municipal presentará a súa proposta de orzamentos para o vindeiro ano 2018, orzamento que se cifra en 6.876.522,27 euros que se configura novamente como un orzamento que atende a eficancia, eficiencia e economía na xestión do gasto público así como a aposta decidida pola estabilidade orzamentaria e a sostenibilidade financieira do Concello de Melide para conquerir un desenvolvemento económico, social, cultural e deportivo do Concello de Melide.

Entre as cuestións a destacar están entre outras a baixada de tipos impositivos locais en 5 puntos tanto no IBI rústico como urbano; a bonificación para inmobles que posúan actividades agrícolas así como investimentos reais que se encontran actualmente en tramitación. Varias pistas aglomeradas no rural melidense por valor de 120.360,80 euros; cambio da cuberta da nave de obras municipal, impulso do Camiño de Santiago cunha senda peonil Sabián – Entronque do Camiño de Santiago na parroquia de Santa María así como destacan unha rede de captación de puntos de auga rurais cun orzamento de 40.000 euros entre outras que se configuran con fondos propios.

Segue a manterse a consignación para subvencións nominativas para contribuír a dinamización cultural e social da vila así como a previsión para facer efectivo o incremento previsible de soldos e salarios unha vez entre en vigor a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018.

En definitiva, este goberno, en palabras do concelleiro de facenda, Luis Arias, pode presumir dunha boa capacidade de finanzamento o que nos permitirá facer fronte aos custos dos servizos que se prestas aos veciños e veciñas do Concello de Melide mantendo a estabilidade orzamentaria, o pago a provedores así como o moi baixo ratio de endebedamento desta administración.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp