Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Concello de Melide realiza melloras na accesibilidade no cemiterio municipal de Furelos

As obras rematarán a finais do mes de decembro e son sufragadas con fondos propios
ObrasCemiterioFurelosConcelloMelidep
12/12/2017. O Concello de Melide realiza estes días melloras de accesibilidade no cemiterio municipal de Furelos. Son obras que facilitarán o acceso a cadeiras de rodas ou a persoas con mobilidade reducida ao cambiar a pavimentación deste lugar de graba a formigón armado. Dentro destas obras tamén se está realizando o ancheado de acceso a diversas áreas do cemiterio municipal. Actualmente o cemiterio municipal de Furelos, situado ás aforas de Melide na estrada de Lugo conta con 500 panteóns, dotados de cinceiros.

Por outra banda, o Concello de Melide tamén puxo en marcha na zona do cemiterio municipal de Furelos diferentes accións para mellorar a conducción de pluviais dotándoa de novos sumidoiros o que redundará nun mellor servizo.

A actuación afonda no obxectivo do Concello de acadar a accesibilidade nos espazos e edificios públicos de titularidade municipal. Os traballos foron realizados con fondos propios do Concello de Melide e prevese que as obras rematen co mes de decembro.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp