Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide aprobará no Pleno adherirse ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía para paliar a ameanza do cambio climático en Galicia

O goberno local aprobará no Pleno do vindeiro xoves ser concello adherido ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía. O Concello de Melide será pioneiro na Comarca en adherirse a este Pacto
ImaxeNova
02/02/2018. O Concello de Melide levará ao Pleno a adhesión do ente local ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía. Así realizará os trámites pertinentes para que Melide sexa un concello que poida formar parte deste colectivo.

Será a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, quen acreditada pola Unión Europea, guíe e oriente aos municipios adheridos a este plan para asumir os obxetivos europeos para 2020 en materia de clima e enerxía e para que adopten un enfoque integral para a atenuación do cambio climático e adaptación a este fenómeno. Deste xeito, proporcionará consellos personalizados para cada caso, identificando as posibles sinerxías.

A rexedora melidense, Dalia García, explicaba que “o Pacto polo Clima e a Enerxía é un pacto que compromete a todas as administracións públicas que queiran comprometerse en dúas cuestións fundamentais: por unha banda executar accións a prol do medio ambiente que vaian vinculadas á redución de CO2 no territorio e por outra parte auditar a situación mediambiental do territorio conformado por todo o Concello de Melide e as súas 26 parroquias”. Engadía que “dende o noso concello sempre se puxo sobre a mesa como prioridade o obxetivo de sustentabilidade enerxética en tódalas nosas accións, pero coa adhesión a este pacto, damos unha visión formal a nosa maneira de traballar, adaptándonos aos retos que se pretenden cumprir dentro da axenda europea 2020”.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp