Novas

Máis novas

O Concello de Melide moderniza a xestión deportiva

25/02/2021. Ponse en marcha unha aplicación móbil para o uso das instalacións e para mellorar a xestión dos eventos. Automatízanse as pistas de pádel cubertas do Pazo de Congresos.

MELIDE 25 de febreiro de 2021.- O Concello de Melide, a través da súa Concellaría de Deportes, está levando a cabo un proceso de modernización da xestión deportiva que afectará tanto ao uso das instalacións deportivas como a xestión dos eventos que se organicen no pobo.

Aplicación para a xestión deportiva telemática.

O primeiro paso é habilitar unha aplicación móbil, APP Sporttia, disponible tanto en Android como en IOS, que facilitará os tramites que en materia de deportes se realicen por parte dos usuarios, xa que simplemente empregando un dispositivo móvil terán acceso a todas as posibilidades.

Consultar a dispoñibilidade das instalacións e efectuar as reservas poderanse facer de forma sinxela a través dun teléfono móbil, ao igual que a inscrición en eventos e a consulta de actividades deportivas.

O Concello poñerá á disposición das asociacións deportivas do concello, as ferramentas que ofrece a xestión telemática, ao consideralas útiles para todos.

Jose Prado, afirma: “pretendemos facilitar e promover a práctica deportiva en todas as idades como unha activade esencial, a modernización era un paso pendiente e obrigatorio que debíamos acometer”.

Automatización pista de pádel.  

A automatización das pistas de pádel cubertas permitirá facilitar a reserva, incrementar o horario de uso, a apertura e peche co móbil, e o encendido e apagado das luces de xeito autónomo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp