Novas

Máis novas

Magosto na gardería municipal de Melide

31/10/2017. Todos os anos a instalación acondicionase para celebrar o Magosto cos máis pequenos

MELIDE 31 de outubro de 2017.- Os cativos e cativas da gardería municipal de Melide celebraron na mañá de hoxe a festa do Magosto. Foi unha xornada na que a maiores de degustar as tradicionais castañas deste tempo de outono os máis pequenos realizaron colares con castañas que luciron no día de hoxe no centro melidense e que levaron para a casa como adornos desta época do ano. Trátase dunha actividade que se pon en marcha ano tras ano paraachegar as tradicións da nosa terra ao alumnado da gardería municipal.

es e rapazas de quinto e sexto de primaria do colexio Mestre Pastor Barral que mañá se subirán ao bus turístico do Concello de Melide para coñecer seu patrimonio arquitectónico e cultural. As encargas de achegar as explicacións ao grupo serán dúas técnicas de Turismo do Concello de Melide que contarán de xeito adaptado aos máis pequenos as claves do noso patrimonio.

 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explica que se trata dunha iniciativa conxunta posta en marcha polo Concello de Melide, dende a súa concellería de Cultura e Turismo e o colexio Mestre Pastor Barral. “Unha actividade que se fará extensible aos outros dous centros escolares que temos en Melide”, engadía a rexedora.

García apuntaba que “será unha actividade para poñer en valor o noso patrimonio cultural e arquitectónico que se une á iniciativa que tan ben funcionou o pasado verán do bus turístico, así como outras que se poñen en marcha dende o noso Concello como pode ser a guía de Melide que recentemente acaba de ser publicada en xaponés, chinés e coreano. Traballamos para que visitantes e veciños coñezan todo o que Melide pode ofrecerlles, poñendo así en valor o noso patrimonio”.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp