Novas

Máis novas

O Concello pon en marcha unha campaña de recollida de plásticos nas parroquias

19/09/2019. O Concello de Melide organiza unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas nas parroquias. Dada a complicada reciclaxe destes plásticos e debido a súa alta contaminación ponse en marcha esta iniciativa dende ente local

MELIDE 19 de setembro de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellaría de Medio Ambiente desenvolverá unha campaña de reciclaxe de plásticos agrícolas establecendo un calendario de recollida por todas as parroquias. Serán o luns 30 de setembro e o martes 1 de outubro, os días de depósito de plásticos e o mércores 2 de outubro, realizarase a recollida.

Milleiros de quilos de plásticos agrícolas serán tratados para a súa reciclaxe grazas a unha iniciativa do Concello de Melide e que ten por obxectivo eliminar estes restos, fundamentalmente agrícolas, dos vertedoiros ilegais e dos contornos domésticos.

O amoreamento de plásticos procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un problema de difícil solución para os labregos, dada a difícil capacidade de deterioro destes materiais.

Por iso, e para evitar o amoreamento de plásticos en vertedoiros incontrolados ou provocando contaminación visual a carón dos domicilios e explotacións gandeiras, o Concello de Melide promove unha campaña de recollida de plásticos agrícolas para todas as parroquias.  Un vehículo encargarase da recollida destes materiais, que os veciños irán depositando nos lugares de costume das distintas parroquias. 

Dende o Concello de Melide, faise especial fincapé en que só se depositen nestes lugares plásticos de silo e invernadoiro e non envases de plástico, xa que estes dous residuos teñen procesos de reciclaxe diferentes e polo tanto non se poden mesturar. Os plásticos terán que estar atados en fardos, non se poderán levar restos de leña, herba ou calquer outra cousa, así como tampocuo depositar rodas nin garrafas de plásticos, nin big-bags, nin cordeis.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp