Novas

Máis novas

Melide acolle unha xornada de Escape Room no edificio multiusos

04/09/2019. O edificio multiusos é o lugar elixido para realizar unha xornada de escapismo que terá lugar o vindeiro sábado 14 de setembro dentro do programa Caminos de Ciencia e que ofrecerá unha alternativa pioneira e innovadora na vila

MELIDE 4 de setembro de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura, informa que o vindeiro sábado, 14 de setembro, o edificio multiusos da vila acollerá unha xornada de Escape Room de 17:00 a 20:00h dentro do programa Caminos de Ciencia.

Caminos de Ciencia é un proxecto de divulgación científica organizado pola empresa Ceo Aberto e que conta co patrocinio e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O proxecto consiste na celebración dunha actividade de Escape Room que se desenvolverá en diferentes municipios do Camiño de Santiago, e o 14 de setembro, a quenda será para Melide.

As Escape Rooms foron concibidas inicialmente como un xogo para público xuvenil e adulto no que un grupo reducido de persoas é encerrado nun espazo e dispoñen dun tempo limitado para saír del. Para iso, deben resolver quebracabezas, superar retos e enfrontarse a enigmas.

A inscrición é gratuíta e hai que ter un mínimo de 10 anos para poder participar.
As inscricións formalízanse na páxina web www.caminosdeciencia.site. Haberá unha sesión cada 45 minutos cun máximo de 25 persoas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp