Novas

Máis novas

Punto final para o campamento urbano do Concello de Melide

09/08/2019. Hoxe venres poñíaselle o punto final ao campamento urbano do Concello de Melide que se levou a cabo durante o mes de xullo e ata o hoxe e que contou con centenares de participantes de idades dispares entre os 3 e os 12 anos

Política Social puxo en marcha un ano máis este verán o campamento urbano que tivo lugar a primeira semana do mes de xuño, todo o mes de xullo e ata hoxe 9 de agosto.

Os campamentos de Melide levaronse a cabo nas instalacións do colexio número 1 e no edificio multisos da vila e contou con moitos participantes, superándose este ano  de novo todos os récords. O obxetivo dos campamentos urbanos de Melide era facilitar a conciliación laboral e familiar nunhas datas nas que os rapaces e rapazas teñen vacacións e os pais e as nais teñen que seguir cumprindo coas súas responsabilidades laborais.

A festa de final de campamento celebrouse hoxe no palacio de congresos e exposicións de Melide. Contou con hinchables e xogos xigantes, os rapaces e rapazas tiveron oportunidade de gozar dunha xornada diferente cos seus compañeiros e familiares.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp