Novas

Máis novas

Música e baile tradicional para celebrar o X aniversario de Herba Grileira

24/06/2019. Herba Grileira celebrou este pasado sábado os seus dez anos de existencia. Fíxoo cunha xornada chea de actividade onde a música e o baile tradicional foron os protagonistas. Os concertos trasladáronse a casa da cultura pola choiva

MELIDE 24 de xuño de 2019.- Herba Grileira cumpre 10 anos e celebrouno este pasado sábado como se merece. Co galo de tan especial acontecemento organizou unha xornada repleta de actividades que encheron a vila de música e baile tradicional.
A programación do X aniversario deu comezo cun percorrido musical a cargo do alumado da escola de Herba Grileira. Arrincou ás 12 no Parque Rosalía de Castro e rematou ao mediodía na Praza do Convento, pasando polos seguintes lugares: Cruceiro de San Roque, Cantón de San Roque, A Moa, Praza das Ichoas, Praza do Pozo Pequeno e Alhóndiga. En cada un destes puntos interpretaranse pezas instrumentais tradicionais, de canto e diferentes bailes. Neste percorrido participarán máis de 120 persoas entre cativos e adultos.
A continuación celebrouse un xantar de confraternidade no Hotel Carlos 96 ao que asistiu o alumnado, socios e familiares. Finalizada a sobremesa, retomouse a actividade na casa da ca cultura debido á chegada da choiva, cun espectáculo infantil a cargo de Pakolas. Unha hora despois chegou a parte máis festeira da xornada cos concertos de Comando curuxás e Pablo Esqueira e Tonecho Castelos.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp