Novas

Máis novas

Melide celebra o Corpus coa tradicional alfombra na praza do Convento

24/06/2019. Veciños e veciñas foron os protagonistas para a elaboración da alfombra de Corpus que se colocou durante a xornada do sábado na praza do Convento para lucir o domingo. Os usuarios do centro ocupacional participaron tamén activamente

MELIDE 24 de xuño de 2019.- A praza do Convento de Melide volveu a engalarse un ano máis coas tradicionais alfombras de Corpus para celebrar esta data tan sinalada no calendario.
Ao longo da semana pasada, foron moitos os veciños que prepararon a flor e o verde durante as tardes no pazo de congresos para colocala durante a xornada do sábado na praza do Convento. Dende o ente local, destacan especialmente a colaboración dos usuarios e usuarias do centro ocupacional que durante as súas horas lectivas tamén realizaron labores de preparación de material para a alfombra de Corpus.
Xa durante a xornada do sábado, os veciños e veciñas que se achegaron ata a praza do Convento puideron realizar os traballos de montaxe da alfombra para lucir o propio día de Corpus, este pasado domingo.
A novidade deste ano foi a representación do apóstolo Santiago, nunha figura de cartón pedra, realizada polo artista local, Xosé Manuel Broz.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp