Novas

Máis novas

Cinco veciños de Melide participan nunha misión militar en Mali

11/04/2019. Cinco veciños da vila de diferentes idades participar nunha misión militar en Mali, onde levan dende o pasado mes de novembro. A misión que leva por nome EUTM Mali ten como obxetivo o adestramento da Unión Europea

MELIDE 11 de abril de 2019. O sarxento primeiro José María Salgado Neira, o serxento Francisco Javier Barrio Cendán, o cabo Juan José Iglesias González, e os soldados Carlos García Parrado e Juan Manuel Vázquez Yáñez son cinco veciños de Melide que actualmente se atopan participar na misión militar EUTM Mali, misión de adestramento da Unión Europea. Esta misión naceu no 2013 para responder á necesidade de fortalecer as capacidades das Fozas Armadas Malienses, sendo o resultado final unhas forzas armadas autosostibles e capaces de contribuir á defensa da súa poboación e territorio.

Durante a mañá de hoxe, o sarxento primeiro José María Salgado Neira, interviú na radio municipal de Melide en directo desde Mali para dar a coñecer o seu día a día e a experiencia dos veciños melidenses nunha misión internacional coma ésta. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp