Novas

Máis novas

Concello e AXI mellorarán a accesibilidade na AC-840 ao seu paso por Melide

22/02/2019. O Concello vén de facer público a realización de diferentes obras que se executarán na AC-840, na coñecida avenida da Coruña, que incrementarán a accesibilidade de beirrarúas e aumentará a seguridade viaria de peatóns e condutores

MELIDE 22 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide xunto coa colaboración da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia realizará melloras de accesibilidade na avenida da Coruña, ao paso da AC-840 polo municipio.
As obras, que terán un orzamento de preto de 50.000 euros, supoñerán unha reforma integral no correspondente a accesibilidade nas beirrarúas e incrementarán a seguridade nos pasos de peóns. Estas actuacións consistirán na ampliación de beirrarúas para evitar o estacionamento de vehículos e favorecer así o tránsito das persoas. Ao mesmo tempo, retranquearase o paso en diferentes carrís para favorecer tamén a circulación de turismos e adaptaranse os pasos de peóns á normativa de accesibilidade.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, agradece unha vez máis á consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia que dirixe actualmente Ethel Vázquez, que tivera a ben atender unha vez máis as necesidades de Melide, “cun asunto tan sensible como é a accesibilidade e a seguridade nunha das travesías principais da nosa vila”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp