Novas

Máis novas

O MercaMelide celebra esta fin de semana a súa XXIII edición

14/02/2019. Un ano máis a feira do comercio local chega a Melide para desfacerse dos stocks de inverno. Será a edición XXIII deste evento que xa está consolidado no calendario melidense e que conta con numerosas persoas que se achegan á vila

MELIDE 14 febreiro 2019.- A Feira de Oportunidades do comercio melidense, MercaMelide celebrará a súa vindeira edición esta fin de semana, os días 16 e 17 de febreiro. Son as datas elixidas para dar paso a unha nova edición da feira de oportunidades na que os establecementos melidenses poñerán á venda os seus stocks da temporada de outono/inverno. MercaMelide chega a súa edición número 23 e seguirá sendo a mellor oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.

A feira está organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila, ASETEM. A cita será como é habitual durante os dous días da próxima fin de semana elixida de febreiro no pazo de congresos e exposicións, onde a instalación se converte nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, xa non só  pola variedade de artigos a baixo prezo que se poden atopar, senón tamén pola oferta de ocio complementario e polo amplo horario de apertura, que en edicións anteriores era dende ás 11h da mañá e ata ás 20h da tarde.

Fogar, moble, moda, decoración, perfumería, electrodomésticos, calzado, froiteiría, serán só algunhs dos exemplos do que se poderá mercar esta fin de semana no MercaMelide, que gozarán de descontos, en moitos casos de ata o 80%.

MERCAR TEN PREMIO DOCE E ECONÓMICO

Un dos grandes atractivos esta fin de semana en Melide será a degustación de filloas e repostaría tradicional da que poderán gozar aquelas persoas que merquen nesta feira de stocks. Así, o sábado a partir das 17h da tarde haberá filloas gratis con cada compra, mentres que o domingo 17 a degustación será de repostaría tradicional de Melide e chocolate. Ademais haberá actividades infantís dende as 16 e ata as 19h da tarde.

Por outra parte, as persoas que realicen compras durante toda a fin de semana poderán obtar a premios económicos que terán que gastar no comercio local melidense. Con cada compra entregarase unha tarxeta rasca que, de estar premiada, será cun vale por importe de 10 euros que se poderá gastar directamente en calquera dos comercios que participen no Mercamelide ata o 1 de marzo. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp