Novas

Máis novas

O GDR Ulla Tambre Mandeo presenta o seu estudo socioeconómico no IES

17/01/2019. A alcaldesa, Dalia García, a concelleira de Mocidade, Yolanda Pérez e as técnicas do GDR Ulla Tambre Mandeo visitaron o IES de Melide para presentar o estudo socioeconómico da Comarca elaborado polo Grupo de Desenvolvemento Rural

MELIDE 17 de xaneiro de 2019.- O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo do que Melide e a súa Comarca forman parte, vén de presentar o seu estudo socioeconómico do territorio ao alumnado do IES de Melide. Foi na xornada de onte, onde a alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada pola concelleira de Mocidade, Yolanda Pérez e a xerente e técnica do GDR Ulla Tambre Mandeo, María Fernández e María Mellid, achegáronse ata o IES melidense para dar a coñecer este estudo.

Visitaron as clases de primeiro e segundo de bacharelato onde tiveron a oportunidade de conversar cos adolescentes e mesmo escoitar as súas aportacións para dinamizar o rural máis cercano.

Este documento, ten por obxeto realizar unha radiografía do capital territorial do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, é decir, dos concellos de Melide, Arzúa, Boimorto, Santiso, Sobrado, O Pino, Toques, Touro e Vilasantar. Con este obxetivo, analízanse o conxunto dos recursos físicos e humanos, o seu tecido social e económico, así como os aspectos culturais definitorios e de identidade.

Dende o GDR Ulla Tambre Mandeo, tamén aproveitaron na visita de onte para explicarles o labor que realizan día a día nas súas oficinas de O Pino, labores de asesoramento e de asignación de fondos do Plan Leader para a revitalización do rural. O alumnado do IES de Melide coñeceu tamén diferentes proxectos de éxito que este GDR apoiou e que hoxe son unha realidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp