Novas

Máis novas

Remata o curso de maquillaxe e coidados da pel en Melide

10/01/2019. A alcaldesa da vila, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, clausuraron no día de onte a actividade de maquillaxe e coidados da pel que tivo lugar nas instalacións do centro social

MELIDE 10 de xaneiro de 2019.- O alumnado do curso de maquillaxe e coidados da pel que se celebro unas instalacións do centro social de Melide durante o último trimestre do ano, tivo durante a xornada de onte a súa clausura.

Para dar por finalizada a actividade, organizouse unha xornada especial, onde os asistentes compartiron as súas experiencias e conversaron durante o aprendido durante os últimos tres meses nestas sesións. Ao mesmo tempo, a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, tamén se achegaron ata o centro social para acompañar aos participantes nesta última clase.

Durante estas sesións o alumnado puido aprender máis sobre os diferentes tipos de cutis e coñeceron as características da pel, así como recoñeceron os puntos máis importantes sobre os problemas da pel. Aprenderon aspectos básicos como as técnicas de coidado da pel tanto para peles normales como para aqueles que padecen alguna alteración.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp