Novas

Máis novas

Melide destinará 225.663 euros a obras dentro do POS para 2019

20/12/2018. O Concello de Melide, investirá con cargo ao POS 2019, un total de 225.663,70 euros en obras de melloras. Tamén se destinarán fondos para sufragar os gastos correntes de luz e limpeza viaria, a cantidade será de 372.380,04 euros

MELIDE 20 de decembro de 2018.- O Pleno celebrado no Concello de Melide, vén de aprobar os investimentos que realizará o equipo de goberno con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o vindeiro ano 2019 cos votos a favor do PsdG-PSOE e a abstención do BNG.

Tal e como se desglosa da previsión do equipo de goberno, Melide destinará 225.663,70 euros para realizar melloras en diferentes viarios. Así, contémpla en estas actuacións o arranxo da rúa Folicheiro coa correspondente senda peonial, a creación doutro roteiro que conecte a Martagona á altura do CEIP número 2 coa parroquia de Furelos así como outras obras de saneamento e canalización de redes separativas, en Vicente Risco entre outras.

No que corresponde ao apartado destinado para gasto corrente, o Concello de Melide destina 372.380,04 euros ao igual que o viña facendo en anualidades anteriores, que se utilizarán para a limpeza viaria e a pagamento da luz pública.

Na achega complementaria que segundo as bases do Plan debe ser máis dun 25% do total do POS, é decir 853.691,54 euros,  o Concello de Melide apostará novamente por unha segunda parte da posta en valor da rúa Campo Grande,cun total de 298.248,50 euros de investimento.

Dende o goberno local, tomouse este ano de novo a decisión de non facer uso do apartado de préstamo provincial, xa que, unha vez cotexados os informes de Intervención municipal, o organismo local conta con boa saúde económica. Sendo así, a cifra destinada pola Deputación da Coruña ao Concello de Melide de 597.943,74 euros, para estos conceptos.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, reitera o xa exposto no Pleno ordinario celebrado o pasado 5 de decembro no que denuncia que “os veciños e veciñas de Melide perden capacidade de investimento nos plans da Deputación ano tras ano, xa que é curioso que en termos absolutos con respeto ao 2018, teñamos unha baixada de 19,22% de achega provincial o que se traduce en 142.232, 30 euros de diferenzaco POS POS+2018”. García engade que “a achega provincial obrigatoria para obras segue sendo a máis baixa se o comparamos co POS complementario e co préstamo provincial ao que Melide decide non solicitar. Esto ven sendo unha política habitual da Deputación da Coruña, xa que o primeiro plan único proveu para Melide 908.721., 82 euros, e actualmente temos 597.943,74 euros.”.

A rexedora lamentaba unha vez máis que “teñamos que ser gobernados por unha Deputación totalmente partidista e carente de criterios obxetivos, xa que se ten comprobado que nas 37 alcaldías gobernadas polo Partido Popular, quen máis e quen menos, perde o 20% de fondos como media deste Plan, que sempre foi o pulmón do invesmentos dos concellos”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp