Novas

Máis novas

“Con caldo, pan e viño faise o Camiño” xornadas gastronómicas en Melide

30/11/2018. O Concello, xunto con diferentes locais ubicados na zona vella da vila poñen en marcha unhas xornadas gastronómicas de caldo galego que se celebrarán do 5 ao 9 de decembro, coincidindo coa primeira ponte festiva de decembro

MELIDE 30 de novembro de 2018.-  O Concello de Melide ten programado dentro das súas actividades para o mes de decembro unhas xornadas gastronómicas de degustación de caldo galego baixo o lema “Con caldo, pan e viño, faise o Camiño”. Esta iniciativa poñerase en marcha dende o 5 ao 9 de decembro a través dos diferentes locais de hostalería ubicados na zona antiga.

Serán un total de 18 bares que ofrecerán caldo galego como tapa durante os días das xornadas na que se promocionará a gastronomía de Melide, como concello dinamizador do Camiño de Santiago. Dalia García, a alcaldesa de Melide, explicaba que “un ano máis participamos cunha iniciativa atractiva dentro da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, poñendo en valor a nosa hostalería e o noso turismo”.

Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dun itinerario gastronómico que se organiza dende a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para dar a coñecer os produtos típicos dos municipios que forman parte deste colectivo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp