Novas

Máis novas

Concello e Federación poñen en marcha un curso de monitor de fútbol sala

27/11/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Deportes, Dolores Gómez, mantiveron unha xornada de traballo con Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores para poñer en marcha un curso de monitor en Melide

MELIDE 27 de novembro de 2018.-  O Concello de Melide, a través da súa concellería de Deportes, xunto coa Federación Galega de Fútbol poñerán en marcha na vila un curso de monitor de fútbol sala que se celebrará do 18 de decembro e ata o 28 de febreiro no edificio multiusos.

 

Foi o pasado venres, cando a alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de Dolores Gómez, a concelleira de  Deportes e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, mantiveron unha xornada de traballo para da r a coñecer en Melide esta iniciativa.

 

A formación, que se impartirá en Melide, terá lugar os martes e os xoves de 19.30h a 22.30h, e está dirixido a todas aquelas persoas interesadas na formación futbolística apara aprender saber trasladar as principais claves do fútbol sala a outras persoas que queiran aprender máis sobre as técnicas deste deporte. Terán que ser maiores de 16 anos e a matrícula poderá realizarse ata o día de inicio do curso. Tamén será necesario para poder realizar este curso estar en posesión do título de grado en educación secundaria ou ter un título equivalente segundo o plan de estudos do aspirante.

 

Unha vez finalizada esta formación en Melide, aos participantes seráselles entregado o diploma Federativo de Monitor de Fútbol sala, que requerirá a avaliación positiva das diferentes áreas e materias das que consta o curso. A asistencia é obrigatoria ao mínimo do 75% de horas programadas por cada materia.

 

O número mínimo de alumnos para que poida levarse a cabo este curso é de 15, e as persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Federación Galega de Fútbol a través da súa páxina web www.futgal.es onde tamén se realizará a matrícula on line.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp