Novas

Máis novas

O obradoiro de emprego ofrecerá formación teórico-práctica ao alumnado

05/11/2018. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, xunto coa alcaldesa de Melide, Dalia García e a súa homóloga en Boimorto, María Jesús Novo, visitaron na mañá de hoxe ao alumnado do obradoiro de emprego dual

MELIDE 5 de novermbro de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da alcaldesa de Melide, Daía García e da alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitou hoxe en Melide,  o obradoiro dual de emprego que co apoio da Xunta de Galicia este concello desenvolve xunto con Boimorto, e no que 20 persoas desempregadas de ambos municipios contan cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses ao tempo que realizan melloras no entorno do Camiño de Santiago.

A principal novidade da modalidade dual dos obradoiros permite que 10 dos participantes desta iniciativa, centrada na xardinería, conten, unha vez finalizado o período inicial de nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada na zona, e cunha actividade vinculada ás materias nas que se están formando. Búscase así combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral.

O conselleiro Conde, salientou que o Camiño de Santiago é unha actividade fundamental para a economía das comarcas de Melide e Arzúa e que se primaba coa convocatoria deste ano dos obradoiros de emprego, incidiu en que a Xunta é consciente da necesidade de apostar pola conservación e posta en valor de espazos naturais das rutas de peregrinación que atravesan ambos concellos. Así, en Melide adecúase o espazo fronte aos centros socioculturais de Furelos e San Martiño, e en Boimorto actúase na zona axardinada no entorno do punto de atención á infancia; a residencia de persoas maiores e o centro de día; centro médico e centro social municipal de maiores.

Durante a visita, o conselleiro fixo fincapé en que para impulsar a formación e o acceso ao mercado laboral é fundamental a colaboración cos concellos, e en especial cos 106 concellos emprendedores cos que conta hoxe Galicia, entre os que se atopa Melide. Do mesmo xeito, sinalou que a formación ten que xogar un papel central, e así, nos orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o vindeiro ano dedícanselle 145 millóns de euros, dándolle prioridade aos programas formativos que se adapten aos novos perfís profesionais que demandan as empresas.

Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, destacou “o compromiso claro da Xunta de Galicia para traballar cos Concellos na creación de postos de traballo de calidade e con futuro, sendo a formación dual que reciben os participantes nos obradoiros de emprego un aval para poder acceder ao mercado de traballo con garantías”. García, facía especial fincapé en que “é o primeiro obradoiro de emprego que terá unha duración de nove meses, mentres que os anteriores eran de seis”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp