Novas

Máis novas

Os máis pequenos celebran o Magosto en Melide

31/10/2018. A Gardería Municipal de Melide celebrou no día de hoxe a festividade do magosto nas súas instalacións. Previo ao evento, os rapaces realizaron rosarios de castaños, recuperando así un tradición de hai anos por estas datas

MELIDE 31 de outubro de 2018.- Os cativos e cativas da gardería municipal de Melide celebraron na mañá de hoxe a festa do Magosto. Foi unha xornada na que a maiores de degustar as tradicionais castañas deste tempo de outono os máis pequenos realizaron colares con castañas que luciron no día de hoxe no centro melidense e que levaron para a casa como adornos desta época do ano.

Trátase dunha actividade que se pon en marcha ano tras ano para achegar as tradicións da nosa terra ao alumnado da gardería municipal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp