Novas

Máis novas

O Concello intensifica o mantemento nos cemiterios nas vésperas de defuntos

25/10/2018. A brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide está levando a cabo os traballos necesarios para adecentar os dous cemiterios, un traballo que se intensifica esta semana de cara á chegada do día de defuntos o próximo día 1

MELIDE 25 de outubro de 2018.- Aínda que o traballo de limpeza e ornato nos dous cemiterios municipais de Melide é constante tanto no cemiterio do Castelo como no cemiterio de Furelos, o certo é que nestes días previos á celebración de Todos os Santos, a brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide intensifica os seus traballos para que ámbolos dous espazos se atopen nas mellores condicións posibles de cara á festividade de Todos os Santos. Trátase dunhas datas na que se reúnen en Melide os veciños e tamén os que están fóra para honrar aos seus familiares defuntos.

A rexedora melidense, Dalia García, apunta a que se están a levar a cabo traballos de revisión de puntos de luz e sustitución dos deteriorados, reposición de plantas, adecentamento das zonas de xardín, limpeza e traballo de poda de árbores, etc...

Os traballos de ornato e mellora dos cemiterios durarán en Melide unha semana aproximadamente e están sendo levados a cabo na súa totalidade pola brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp