Novas

Máis novas

O centro social abre a inscrición no programa “Xuntos polo Nadal”

24/10/2018. O Centro Social de Melide ten aberto o prazo ata o 15 de novembro para inscribir a todas as persoas interesadas en participar no programa “Xuntos polo Nadal” que ten como obxetivo que ningún maior pase só estas datas festivas

MELIDE 23 de outubro de 2017.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza un ano máis o programa ‘Xuntos polo Nadal’ que oferta 240 prazas -120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense; e outras 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as solicitudes procedentes das provincias de Lugo e Pontevedra-. Esta iniciativa está dirixida a aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, e que queiran pasar o Nadal en compañía.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro incluido, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Política Social. As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 euros.
 

O programa 'Xuntos polo Nadal', que comeza o 23 de decembro e remata o 7 de xaneiro, incluirá aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ata as residencias de tempo libre, así como a viaxe de volta. Ao abeiro do programa realizaranse numerosas actividades de animación sociocultural durante os días nos que transcorra a devandita iniciativa. Os veciños e veciñas de Melide que estén interesadas en participar nesta iniciativa teñen que poñerse en contacto coa concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide ou ben no teléfono 981 50 50 03.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp