Novas

Máis novas

Máis dun centenar de veciños viaxan á Ribeira Sacra e ao San Froilán

10/10/2018. Serán un total de 120 veciños e veciñas de Melide os que pasen un día diferente na Ribeira Sacra, cunha ruta guiada polos cañóns do Sil. A tarde está reservada para gozar das Festas do San Froilán na cidade das murallas en Lugo

MELIDE 10 d eoutubro de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide ten organizado para o día de mañá xoves unha excursión á Ribeira Sacra e posterior visita ás Festas do San Froilán en Lugo.

Serán un total de 120 veciños os que terán a oportunidade mañá de realizar unha ruta guiada polos cañóns do sil e coñecer máis dos viñedos da Ribeira Sacra, unha das paisaxes máis espectaculares e de maior beleza do interior de Galicia.

Despois da visita guiada en catamarán os veciños e veciñas de Melide compartirán unha comida de confraternidade na Ribeira Sacra para rematar o día, en Lugo, paseando polas rúas da cidade da muralla, en plena celebración das Festas do San Froilán.

Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón, apuntaba que “dende o Concello de Melide temos especial interese en realizar actividades que axuden cun envellecemento activo a todos os nosos veciños. Esta viaxe é unha mostra máis do mimo que merecen os nosos maiores, cunha vida de entrega e dedicación aos seus familiares. É hora de que desfruten cos seus compañeiros e saian da súa rutina”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp