Novas

Máis novas

Melide acollerá un curso de preparación para a obtención da ESO

25/09/2018. A vila de Melide acollerá este curso formación orientada á preparación para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria. O prazo para a inscrición está aberto e rematará o próximo día 10 o horario por determinar

MELIDE 25 de setembro de 2018. – A vila de Melide acollerá este ano un curso de preparación para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria na vila.

Esta formación, forma parte dun proxecto para ensinanzas de adultos posto en marcha por Radio Ecca en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a preparación da proba libre para a obtención do título da ESO.

REQUISITOS PARA A PRESENTACIÓN DAS PROBAS

Dende a organización do curso explican que para poder realizar esta formación preparatoria, as persoas terán que ter dezaoito anos cumpridos antes da data de celebración da proba e non estar inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria, non estar matriculados nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas no curso académico no que se realice a proba.

O curso de preparación para a obtención da ESO será de outubro a maio en horario de mañá cunha duración de catro horas aproximadamente. O horario e lugar de impartición aínda está por confirmar. Está dirixido a mulleres, persoas menores de 30 anos, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas en situación de desemprego.

O prazo para inscribirse é ata o 10 de outubro chamando ao número de teléfono 647 322 693.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp