Novas

Máis novas

O Concello iniciará os trámites de ampliación do Parque Empresarial

19/09/2018. A alcaldesa da vila, vén de facer público un estudo mediambiental no que se autoriza a implantación de solo industrial na marxe dereita da N-547, a poucos metros do actual parque empresarial. Levan meses traballando neste proxecto

MELIDE 19 de setembro de 2018.- O Concello de Melide vén de recibir oficialmente un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural onde se finaliza un proceso que se iniciou por parte do goberno local xa fai meses, cando a actual rexedora presentou un borrador de ampliación do actual parque empresarial con catro alternativas posibles.

Logo de ditame técnico por parte da Dirección Xeral de Medioambiente e de reunións con varios dos organismos autónomos implicados, determinouse ademáis a solicitude dun informe externo a un dos mellores biológos e especialistas na Rede Natura 2000 co fin de atopar a mellor das conclusión técnicas para ampliar o solo industrial de Melide en conformidade coa lexislación vixente.

Dalia García, a alcaldesa de Melide subliña que “o meu goberno propuxo catro alternativas; a primeira en continuación lineal co actual parque empresarial, a segunda xusto enfronte do polígono, a terceira a escasos metros do mesmo e a cuarta, e menos problable noutra localización diferente”. “As dúas primeiras, pese a que nun primeiro informe surxiron dúbidas, logo de profundizar e achegar máis documentación resultan de todo imposibles segundo o ditame dos técnicos da Consellería de Medioambiente ao estar afectados pola máxima protección da Rede Natura 2000”, explica a rexedora. Sen embargo, “a alternativa terceira, moi preto e a escasos metros da localización do actual parque empresarial, sen afección medioambiental de especial protección máis que a normativa básica, supón unha opción moi boa para ampliar os máximos metros posibles de solo industrial ao carón do xa afincado Polígono Industrial da Madanela”, explica a alcaldesa de Melide.

Fai escasos días recibían no Concello de Melide a contestación oficial, logo dun informe elaborado por un experto en Rede Natura, o ditame favorable para comezar cos trámites urbanísticos necesarios para proveer a Melide de máis metros de solo industrial.

Na actualidade, o parque empresarial melidense conta con 89 parcelas, 61 parcelas construidas e 28 non ocupadas, pero que si contan con propietarios. Aínda que a política de XESTUR, entidade pública cuxa competencia é a administración do solo industrial melidense é reiterar a necesidade da construción das parcelas sen ocupación actualmente, o certo é que as 89 parcelas contan con propietarios, de aí a necesidade de comezar os trámites urbanísticos necesarios, “logo de contar co informe medioambiental imprescindible e condicionante para os demáis trámites que implicarán unha modificación puntual do planeamento municipal co fin de proveer a Melide de máis solo industrial”, concluia Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp