Novas

Máis novas

A Concellería de Igualdade e Benestar ofrece actividades para os adultos

15/09/2018. A Concellería de Igualdade e Benestar como é habitual despois da tempada estival pon en marcha o seu programa de actividades de cara ao vindeiro curso dirixido aos adultos. A maior parte delas impartiranse do Centro Social

MELIDE 15 de setembro de 2018.- As actividades do Centro Social de Melide darán comezo a principios do mes de outubro. É por iso, que dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón traballan xa na nova programación das actividades dirixidas aos adultos.

O abano de posibilidades que un ano máis ofrecen dende a concellería de Igualdade e Benestar para o curso 2018/2019 é amplo e variado. Así, entre as actividades este ano ofertarase bailes de salón,  ximnasia de mantemento, talleres de memoria, cursos de cociña ou informática, ioga, mediatación e relaxación, taller de pintura, obradoiro de coidados da pel e maquillaxe, etc..

María Jesús López Mourón, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, indicaba que se trata de actividades “moi demandadas pola veciñanza, hai algunas como ximnasia de mantemento ou cociña para que en anos anteriores tivemos que facer máis dun grupo”. “Penso que é importante ofrecer alternativas de lecer para os maiores e a terceira idade, é por iso que dende a concellería que dirixo ano tras ano poñemos en marcha actividades que se xestionamos dende o Centro Social”.

O prazo para poder inscribirse comezará o vindeiro luns 17 de setembro e o lugar onde facelo é o Centro Social de Melide. As persoas interesadas en resolver calquer dúbida poden poñerse en contacto con teléfono 981.50.57.06.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp