Novas

Máis novas

O Concello de Melide vólcase de cheo a favor da igualdade de xénero coa creación dun mural creado por estudantes

17/02/2017. Lévase a cabo o primeiro concurso de grafitos con mozos e mozas do IES de Melide. Os melidenses valoran moi positivamente a iniciativa da Concellaría de Igualdade e Benestar por incentivar este tipo de actividades.

Dende a concellería de Igualdade e Benestar, que dirixe María Jesús López Mourón, organizouse por primeira vez no concello melidense, un concurso de grafitos para escolares do IES de Melide. Mozos e mozas de Bacharelato e Secundaria participaron na actividade que a concellería propuxo como medio para reflectir o seu reixeitamento colectivo ante esta lacra social. A participación implicaba a realización dun bosquexo que pasaría a formar parte da cultura urbana do municipio, a través da pintura do mesmo nun muro e cuxo deseño faría referencia á igualdade de oprtunidades entre homes e mulleres, á prevención, sensibilización e concienciación en contra da violencia de xénero.

Dende a Concelleria de Igualdade considérase que “o mellor ámbito de traballo é o sector da infancia e adolescencia, co fin de que se vaian concienciando da importancia que ten para unha sociedade máis xusta e libre o fomento de accións contra a violencia de xénero e a favor da tolerancia, o respecto e, sobre todo, os dereitos fundamentais das persoas”, segundo explica a edil responsable da actividade, María Jesús López Mourón. 

Á hora de valorar todos os traballos presentados, o xurado tivo en conta o grao de sensibilización e implicación coa tématica a tratar, a calidade artística das propostas, así como a orixinalidade e creatividade da obra. A concelleira de Igualade entende que “é responsabilidade e obriga dos políticos que se siga a traballar e que se loite por unha sociedade máis xusta e igualitaria”. 

A decisión do xurado recaeu en Toni Blanco Ameixeiras e Álex Martínez Valiño, que levaron o primeiro premio. O segundo foi para Marta Mosquera Taboada, Zaida Garea García e Ainara Asorey Pardo, mentras que o terceiro posto foi para o traballo presentado por Lucía Carreira García. Todos os galardoados e galardoadas son alumnos e alumnas do IES de Melide, que, no día de hoxe, fixeron máis visibles os seus traballos no muro acondicionado dende o Concello para tal fin, acompañados en todo momento por un grafiteiro profesional, e pasando a formar parte da cultura urbana do municipio. 

A entrega de premios do certame de deseño de grafitos terá lugar no mes de marzo, coincidindo este co Día Internacional da Muller. O acto desenvolverase no salón de plenos da Casa do Concello. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp