Novas

Máis novas

O Concello garante a apertura da piscina ata a adxudicación do novo contrato

04/09/2018. O Concello evitará o peche dun servizo esencial para a saúde dos veciños como é o da piscina climatizada municipal ata a conclusión do proceso de licitación, xa en marcha. A instalación é unha das máis demandadas da comarca

MELIDE 4 de setembro de 2018.- O Concello de Melide vén de adoptar a decisión de garantir un servizo esencial para a veciñanza en palabras da alcaldesa melidense, Dalia García, ao prorrogar o servizo da piscina climatizada municipal ao actual concesionario ata a finalización do proceso de contratación. Sendo un servizo prioritario como é o deporte e a calidade de vida do veciños e veciñas de Melide, “dende o goberno municipal non podemos máisque asegurar que a piscina climatizada e todas e cada unha das actividades que esta instalación oferta de maneiramoi competitiva siga como ata agora”, explica a rexedora.
Así as cousas, por razóns de interese público, xa que a piscina conta con máis de 1.500 socios e socias de toda a comarca,o Goberno local evitará o peche e garantirá oservizo ata o remate do proceso de licitación que xacomezou coa elaboración do estudo económico perceptivo o pasado xuño.
García apunta que, “unha vez finalice a presentación do estudo e os trámites administrativos, se licitará o procedemento coa maiordilixencia posible a pesar da dificultade técnica que neste momento posúen as administraciónsao adaptarse a nova lexislación en materia de contratos”.

PREZOS ECONÓMICOS
Por outra banda, a piscina continuará tendo un dos prezos por aboado máis competitivos de toda a comunidade autónoma segundo os servizos que presta.  Ademais, como novidade esta tempada, durante este curso ofertará un escáner virtual gratuito que medirá o nivel de graxa corporal en 3D a todos e cada un dos usuarios que o demanden. Hai que ter en conta que a piscina ofrece cada unha das disciplinas deportivas de maneira gratuita, innovando na escaleta das mesmas de forma continua.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp