Novas

Máis novas

O Mercamelide ofreceu descontos de ata o 80% na súa última edición

13/08/2018. O Mercamelide ofreceu descontos de ata o 80% nesta edición que se se celebrou. As compras tiveron agasallo doce, por cada merca os clientes recibiron un xeado gratuito. Centenares de persoas participaron na última edición da feira

MELIDE 13 de agosto de 2018.- O Mercamelide de verán, que se celebrou esta pasada fin de semana ofreceu produtos de calidade a prezo reducido, en moitas ocasións, os descontos chegaron ata o 80% do prezo inicial.

O pazo de congresos e exposicións da vila, volveuse a converter nun centro comercial das ofertas durante o sábado e o domingo, cun total de 22 establecementos participantes. O que se puido atopar na gran feira dos stocks de Melide foi unha oferta moi variada, electrodomésticos, calzado, roupa, complementos, decoración, fogar e un longo ecétera.

Este ano como novidade con cada compra entregábaselle ao cliente un cartón no que podía descubrir no momento se era un dos agraciados ou non cos vales económicos para mercar no comercio local. En total repartíronse 630 euros en descontos extra.

En horario ininterrumpido desde ás 11 da mañá e ata ás 20h da tarde, o Mercamelide recibiu a centos de persoas que se achegaron ata a instalación para gozar dos descontos, nuns días, antesala á celebración das Festas do San Roque onde a vila está chea de xente.

MERCAR TIVO AGASALLO DOCE

Todas aquelas persoas que se achegaron ata o Mercamelide recibiron un agasallo doce, un xeado gratis con cada compra.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp