Novas

Máis novas

Comezan as obras de mellora do acceso a núcleo rural de Furelos

19/07/2018. O Concello de Melide deu comezo onte as obras de acceso ao núcleo rural de Furelos. Serán tres as pistas que se acondicionarán nesta parroquia, que sumadas a outras seis de acceso a outros lugares que contemplan este proxecto

MELIDE 19 de xullo de 2018.-  As obras das melloras na pavimentación das pistas de acceso á parroquia de Furelos comezaron no día de onte.

Estas melloras consistirán na pavimentación de tres pistas que dan acceso ao núcleo da parroquia de Furelos. Unha será a que vai dende a N-547 ata a propia a aldea, outra será a que une o Campamento Xuvenil coa coñecida ponte medieval, e a terceira a que vai dende a estrada vella de Furelos ao núcleo da aldea. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía especial fincapé na boa nova que é para Melide e para a propia parroquia estas mellordas xa que “Furelos é un núcleo fundamental para o Camiño de Santiago ao seu paso polo noso concello”. “Utilizaremos a técnica de aglomerado en quente xa que un dos nosos obxetivos de gobernó é asegurar que todos os núcleos teña nao menos unha entrada con este tipo de material”.

MELLORA ACCESOS A SEIS NÚCLEOS MÁIS

Dentro deste proxecto para mellorar os accesos aos núcleos das parroquias, tamén se contemplan traballos para unha accesibilidade óptima dende a estrada provincial 4303 ao Muíño de Catasol,o acceso a Penas, preto do Camiño de Santiago, e tamén os accesos a Vitiriz, Moldes, San Martiño das Varelas e pista de Cazallas que une con Castro.

As obras nestas nove pistas teñen un presuposto adxudicado aproximadamente de 70.000 euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp