Novas

Máis novas

Melide conta cun arquiveiro para a reorganización dos arquivos municipais

11/07/2018. Dende este mes de xullo, o Concello de Melide conta coa figura dun arquiveiro bolseiro para levar a cabo traballos de reorganización dos arquivos municipais. O organismo local melidense camiña cara a administración electrónica

MELIDE 11 de xullo de 2018.- O Concello de Melide conta dende comezos deste mes de xullo coa figura dun arquiveiro bolseiro, froito dun convenio entre o ente local e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que se encargará da reorganización dos documentos municipais.

As áreas nas que traballa o novo arquiveiro son a de Intervención, Secretaría e Arquivo Xeral, lugares onde se tramitan os principais documentos no Concello e que polo tanto son de especial atención para este novo traballador.

A incorporación desta figura por uns meses ao cadro de persoal do Concello de Melide, supoñerá en palabras da alcaldesa Dalia García “camiñar cara un proceso de cambio na administración local mudando as nosas formas de traballar para conseguir unha administración electrónica cen por cen”.

ARQUIVO HISTÓRICO MUNICIPAL

O Concello de Melide estrenará nos vindeiros meses un arquivo histórico municipal que se situará nos baixos da Casa da Cultura e albergará os fondos máis antigos do organismo local. Desta maneira, os documentos do Concello de Melide máis actuais situaranse na casa consistorial e os máis arcaicos trasladaranse a nesta nova ubicación que se convertirá nun arquivo histórico municipal. “Deste xeito solucionaremos os problemas de espazo que existen na propia casa do concello cunha clasificación exhaustiva de todos os documentos municipais”, finalizou Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp