Novas

Máis novas

A Concellería de Igualdade organiza unha excursión á praia o próximo venres

11/07/2018. A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón, organiza unha excursión á praia do Grove. Será o próximo venres e o prazo para inscribirse xa está aberto no Centro Social

MELIDE 11 de xullo de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López, organiza para o vindeiro venres 13 de xullo unha excursión á praia. Trátase dunha actividade que ten periodicidade anual e que cada ano, nas datas estivais os veciños e veciñas demandan.

A saída de Melide terá lugar ás 9.30h dende o Cantón de San Roque, e os participantes viaxarán ao Grove para gozar dunha viaxe en catamarán coa posterior degustación de mexilóns. Xa pola tarde, os veciños e veciñas de Melide gozarán dunha tarde de praia e sol.

María Jesús López Mourón, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, anima á veciñanza da vila a asistir a esta viaxe do vindeiro venres xa que se trata dunha excursión á praia que conta con moitos participantes e que gusta moito os veciños e veciñas da vila, nun día diferente, para romper coa rutina nesta época do verán.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no centro social de Melide persoalmente ou ben no teléfono 981 50 57 06.

A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide organiza ao longo do ano actividades de diversa índole co obxetivo principal de ofrecer un amplo abano de posibilidades para que os máis maiores da vila poidan gozar dun envellecemento activo e saudable na súa vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp