Novas

Máis novas

Os cativos da gardería municipal pechan o curso escolar cun día de praia

02/07/2018. Os máis pequenos de Melide participaron nunha excursión organizada para poñer o punto final a un ano de traballo. Aínda que se realizou esta pequena viaxe como fin de curso, o servizo permanece activo durante este mes de xullo

MELIDE 2 de xullo de 2018.- Os máis pequenos de Melide, acompañados dos seus familiares e amigos así como tamén das súas profesoras, compartiron un día de praia durante a xornada do pasado xoves 28 de xuño.

Como acontece cada ano, o último día lectivo do mes de xuño é adicado a realizar unha pequena viaxe que pon, dalgún xeito, o punto final ao curso. Os participantes tiveron a oportunidade de realizar unha viaxe en catamarán e compartir un día diferente na praia das Pipas, no Grove.

Aínda que esta foi a excursión de fin de curso, o servizo da gardería municipal permanece aberto durante o mes de xullo e pechará as súas portas en agosto, como é habitual, para retomar a actividade en setembro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp