Novas

Máis novas

Os mozos coñeceron Barcelona nunha excursión organizada por Xuventude

02/07/2018. Unha trintena de mozos e mozas de Melide coñeceron durante a semana pasada a cidade de Barcelona e os seus principais atractivos turísticos nunha viaxe que estivo organizada polo departamento de Xuventude do Concello de Melide

MELIDE 2 de xullo de 2018.- .- O Concello de Melide, a través da súa concellería de Xuventude, que dirixe Yolanda Pérez, organizou para a última semana do mes de xuño, coincidindo co comezo das vacacións unha viaxe a Barcelona para rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos.

Durante esta viaxe, unha trintena de rapaces e rapazas os rapaces visitaron a cidade de Barcelona e os seus principais atractivos turísticos como por exemplo o parque Güell ou a Sagrada Familia e tamén tiveron tempo de pasar un día no parque de atraccións de Por Aventura. 

Dende a concellería de Xuventude traballase coa intención de ofrecer alternativas de ocio que sexan do agrado dos mozos e mozas da vila. É por iso que se poñen en marcha iniciativas coma ésta co fin de que os rapaces de Melide coñecesen a cidade de Barcelona e ao mesmo tempo puidesen gozar dun día no parque de Port Aventura.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp