Novas

Máis novas

O Concello de Melide comeza a campaña de limpeza de contedores nas parroquias

06/06/2018. Esta semana deu comezo a campaña de limpeza de contedores nas parroquias de Melide, un traballo que realiza a empresa concesionaria do lixo municipal e que se encargará deste mantemento nas vinteseis parroquias do municipio

MELIDE 6 de xuño de 2018.- As parroquias de Santa María, Campos, San Cosme, Folladela e A Garea, son as primeiras que se están beneficiando da campaña de limpeza de contedores.

Trátase dunha acción que o Concello Melide realiza periódicamente varias veces ao ano nas parroquias de Melide para manter os contedores do lixo en bo estado. Aínda que durante esta semana a limpeza será en cinco parroquias, nas seguintes, a campaña executarase na totalidade das 26 parroquias. Non só se limparán os contedores senon que tamén se realizarán labores de mantemento.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, aproveitou para agradecer a colaboración veciñal á hora de depositar o lixo en bolsas pechadas durante o seu día a día. Tamén solicita a cooperación veciñal para incrementar o proceso de reciclaxe, pola importancia que ten para o medio ambiente, separando plásticos, envases, cartón e vidro. “É fundamental coidar do noso medio. Estamos obrigados a deixar o entorno natural nas mellores condicións para as futuras xeracións. Un bo proceso de reciclado, pode axudar a evitar un maior impacto negativo no medio ambiente”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp