Novas

Máis novas

Os veciños engalanan a praza do Convento coas alfombras do Corpus

04/06/2018. A rúa Ovedo e a do Convento e a praza do Convento vestíronse de festa para celebrar o día do Corpus que tivo lugar na xornada de onte. Foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron o sábado para colaborar con estes traballos

MELIDE 4 de xuño de 2018.- Persoal do Concello de Melide, axudado por veciños e veciñas que se achegaron á praza do Convento durante a xornada do sábado, traballaron na configuración das alfombras no día de Corpus. Os puntos onde se puideron ver as diferentes creacións foi na praza do Convento, e nas dúas rúas anexas a este lugar, rúa de Ovedo e rúa do Convento.

Durante a xornada do sábado, dende ás 10h da mañá, foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron a praza do Convento para axudar na confección destas alfombras que se remataron nese día e que luciron no propio día de Corpus celebrado no día de onte.

Os principais motivos que se representaron nas alfombras deste ano foron figuras xeométricas relixiosas coa temática do Camiño de Santiago, principal motor social, cultural e económico da nosa vila.

Dende o Concello de Melide agradecen a gran colaboración que se recibiu por parte dos veciños e veciñas da vila durante todo o sábado, tanto mañá como tarde, onde a praza do Convento se convertiu nun formigueiro de xente para a elaboración dos mantos florais que adornaron a nosa vila durante a xornada de onte.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp