Novas

Máis novas

Agotadas as entradas para o espectáculo “Somos criminais” en Melide

15/05/2018. Carlos Blanco e Touriñán, estarán mañá en Melide na Casa da Cultura presentando o seu último espectáculo “Somos criminais”. Terán dúas sesións, unha ás 2.03h e outra ás 23h, as entradas para ámbalas sesións están xa agotadas

MELIDE 15 de maio de 2018.- A Casa da Cultura de Melide acolle mañá mércores 16 de maio o espectáculo dos galegos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, “Somos Criminais” que terá dúas sesións en Melide, unha ás 20.30h e outra ás 23h. Debido á rapidez coa que se venderon a totalidade das entradas para a primeira sesión, dende a organización decidiron poñer en marcha unha segunda sesión que terá lugar ás 23h., para a que tampouco a día de hoxe quedan xa entradas.

As preguntas que se fan no espectáculo é se temos unha cultura criminal propia e se delinquimos como galegos?, para responder a estas cuestión, os cómicos analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, dende o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala enerxeía, pasando polo crime familiar por causa de herdanzas, o asesinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.

O espectáculo está baseado nun texto inédito de José Prieto e conta coa dirección de Dani Juncal. “Somos Criminais” é unha produción de Condetrespés e Undodez, coa colaboración de Ainé Producións.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp