Novas

Máis novas

Preto de 300 participantes na IX Xuntanza Cabalar de Melide

07/05/2018. Melide acolleu o pasado sábado a IX Xuntanza Cabalar que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposición e que contou con preto de 300 participantes chegados dende diferentes zonas da xeografía galega e tamén de fóra dela

A IX Xuntanza Cabalar celebrouse en Melide esta pasada fin de semana. Concretamente foi o sábado cando preto de 300 cabaleiros e cabaleiras realizaron unha ruta polos montes do Concello de Melide e o Concello de Toques. Compartiron xantar e cea de confraternidade e gozaron da música no Palacio de Congresos de Melide ata ben entrada a madrugada.

A organización correu a cargo da Asociación de Cabaleiros O Bocelo coa que colaborou o Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp