Novas

Máis novas

Ábrese o prazo de matrícula para o vindeiro curso na Gardería Municipal

02/05/2018. Dende hoxe e ata o vindeiro día 15 está aberto o prazo de matrícula na Gardería Municipal para o vindeiro curso 2018/2019. Todos os trámites realizaranse nas propias instalación do centro educativo que está situado na rúa Martagona

MELIDE 2 de maio de 2018.- A Escola Infantil de Melide abre hoxe o prazo para poder inscribir os máis cativos e cativas da vila. Así o prazo de solicitude está aberto entre hoxe e ata o 15 deste mes de maio e a entrega de solicitudes realizarase na mesma escola infantil.

Para as solicitudes de novo ingreso os pais terán que presentar a solicitude de ingreso nas mesmas instalacións da escola situadas na rúa Martagona fronte ó colexio público número 2 de Melide. O mesmo procedemento seguirase para aquelas familias que xa teñan alumnado escolarizado no centro e que teñan que solicitar a reserva de praza para o curso 2018/2019, só que estas familias terán que presentar a solicitude de reserva e a maiores a copia da última declaración da renda.

Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón, infórmannos que aqueles alumnos e alumnas que xa fosen admitidos con anterioridade terán garantido o acceso ós novos cursos sen necesidade de someterse a ningún proceso de admisión, tendo a obriga de comunicar as variacións socioeconómicas sufridas pola unidade familiar de ser o caso no último ano.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp