Novas

Máis novas

O Concello de Melide realiza melloras na explanada do Grupo Sindical

10/04/2018. O Concello de Melide realiza estes días melloras na explanada do Grupo Sindical, coñecida como segunda explanada do Campo da Feira, onde se prevé o acondicionamento do firme e a posta en marcha dun sistema de saneamento

MELIDE 10 de abril de 2018.- A explanada do Grupo Sindical, tamén coñecida como segunda explanada do Campo da Feira, está sendo estes días obxecto de melloras tanto no firme como no sistema de saneamento. Con estas melloras, o Concello de Melide dá continuidade a unhas melloras que xa comezaron na anterior lexislatura do actual equipo de goberno para optimizar a zona.

As obras, que teñen un orzamento de preto de 30.000 euros, consistirán na mellora do pavimento con aglomerado en quente e a canalización da rede de saneamento con separación de pluviais.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “se trata dunhas obras demandas polos veciños e que nós atentendo esas prioridades decidimos executar dende o Concello”. “A explanada do Grupo Sindical en Melide ten moito tráfico rodado xa que é a estrada secundaria que une a AC-840 coa N-547, dúas entradas que principais de comunicación a nosa vila”, concluía a rexedora.

Coa finalización destas obras, o Campo da Feira de Melide, contará con dúas explanadas totalmente renovadas, unha que xa está habilitada para zona de aparcadoiro e autocavanas e esta última con novo pavimento e saneamento completando así a reforma integral da zona.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp