Novas

Máis novas

O Concello informa das subvencións que poden solicitar as asociacións locais

05/04/2018. O Concello de Melide a través dunha carta personalizada a cada asociación da vila e tamén por medio da súa páxina web e redes sociais, informa estes días as asociacións locais da convocatoria de diferentes liñas de axudas que poden solicitar

MELIDE 5 de abril de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, pon en coñecemento das diferentes asociacións da vila a información pertinente ás axudas convocadas pola Deputación da Coruña para o ano 2018 e que se atopan actualmente en prazo de solicitude.

Así, as asociacións locais poderán solicitar subvencións para realizar actividades culturais durante este ano 2018 e tamén para investimentos culturais. Polo tanto, e a través da sección de avisos da páxina web do Concello de Melide xa poden consultarse as bases específicas de cada convocatoria para o programa de subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato para realizar investimentos e actividades culturais para este 2018. A maiores, Dalia García, alcaldesa de Melide, remitiu na xornada de hoxe, unha carta informativa a cada asociación da vila para darlles a coñecer que o prazo para poder concorrer a estas subvencións está xa aberto e que poderán solicitar as axudas ata o 31 de maio.

Aquelas asociacións que estén interesadas en solicitar estas axudas poden resolver as súas dúbidas no departamento de Cultura do Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp